martes, 9 de noviembre de 2010

O conflito social segue aberto

A orientación da política do Goberno é equivocada e, polo tanto, por moi ben que se explique, non vai poder dar a volta ao rexeitamento xeneralizado que existe na poboación española en relación coa reforma laboral e coa pretensión do Goberno de impoñer o atraso obrigatorio na idade de xubilación.


UGT consideraque esta orientación vai provocar que siga aumentando o desemprego e que España se afaste aínda máis das expectativas de recuperación económica da UE. "É necesario que a política económica aposte polo crecemento, polo emprego e polo cambio de modelo produtivo a través dos investimentos selectivos en materia social, de relanzamento económico, investigación, desenvolvemento e innovación e infraestruturas.
Tamén urxe revertir a reforma laboral, xa que se está a amosar que se trata dunha reforma que non resolve ningún dos problemas do mercado de traballo e, ademais, aposta polo traballo en precario de baixo valor engadido.
UGT vaise centrar en mobilizacións na rúa e nos centros de traballo para acelerar o proceso de negociación dos convenios colectivos e para mostrar o rexeitamento á reforma laboral e ás políticas económicas e sociais do Goberno.
Paros, folgas, concentracións e manifestacións que se desenvolverán durante as vindeiras semanas, continuarán o 15 de decembro, coincidindo coa segunda xornada de acción europea convocada pola CES a víspera do Cumio de xefes de Estado e Goberno, e que culminará o día 18 de decembro con manifestacións masivas en todas as capitais de provincia nas comunidades autónomas.