miércoles, 29 de septiembre de 2010

Os datos das seis da mañá mostran o apoio masivo á folga xeral, secundada polo 80% das traballadoras e traballadores

Os datos de seguimento da folga xeral actualizados ás seis da mañá sinalan o éxito da folga xeral. A convocatoria, realizada por Comisións Obreiras e UGT, foi seguida en Galicia polo 80% das traballadoras e traballadores. Os datos de participación poñen de relevo o rexeitamento do conxunto dos traballadores e traballadoras de Galicia coa reforma laboral e coas políticas de axuste impulsadas polo Goberno español.A quenda de noite transcorreu con normalidade e sen incidentes destacables. A folga rondou sempre o 80% nas principais vilas e cidades, así como, nas grandes empresas, co que se superan os resultados de participación da folga de 2002.

UGT-Galicia chama á cidadanía galega a secundar a folga do 29 de setembro e participar nas manifestacións e concentracións porque "Así, non ¡rectificación xa!"

Hoxe, día 29 de setembro, todas as traballadoras e traballadores deste país están convocados por UGT e CCOO para secundar unha folga xeral por un futuro mellor e para conseguir un xiro democrático das políticas do Goberno.

UGT-Galicia amosa o seu malestar ante a decisión do TSXG e considera que desestimar a suspensión cautelar dos servizos mínimos vai supor limitar o dereito á folga de moitos traballadores galegos

UGT-Galicia amosa o seu malestar ante a decisión que ven de adoptar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de desestimar a solicitude de suspensión cautelar dos servizos mínimos en educación e CRTVG. Para o Sindicato, isto vai supor limitar o dereito á folga de moitos traballadores galegos destes sectores.

lunes, 27 de septiembre de 2010

UGT-Galicia impugna ante o TSXG os servizos mínimos en sanidade, educación e CRTVG

UGT-Galicia impugnou o pasado venres ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia os servizos mínimos decretados pola Administración galega nos sectores de sanidade, educación e CRTVG por considerar estes servizos abusivos e que vulneran o dereito fundamental á folga que teñen os traballadores galegos.

As mentiras da crise, 10

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Manifestacións e concentracións para o 29 de setembro

  • A CORUÑA, 12.00 HORAS, Praza da Palloza-Delegación do Goberno.
  • FERROL, 12.00 HORAS, Praza do Inferniño-Praza de Armas.
  • SANTIAGO, 12.00 HORAS, Alameda-Praza de Praterías.
  • RIVEIRA, 12.00 HORAS, Praza do Peixe-Praza do Concello.
  • LUGO, 11.30 HORAS, Casa sindical-Subdelegación do Goberno.
  • COSTA LUCENSE, 12.30 HORAS, Confeder.empresarios-Praza Mariña.
  • OURENSE, 13.00 HORAS, Pabellón Remedios-Subdelegación Goberno.
  • PONTEVEDRA, 11.00 HORAS, Hospital Provincial-Subdelegación Goberno.
  • VIGO, 11.00 HORAS, Praza España-Concepción Arenal
  • AROUSA, 12.30 HORAS, Praza Ravella-Praza Galicia
  • CONCENTRACIÓN EN MONFORTE DE LEMOS.
  • CONCENTRACIÓN EN LALÍN ÁS 11.00 HORAS NO POLÍGONO INDUSTRIAL

As mentiras da crise, número 8

martes, 21 de septiembre de 2010

Asembleas en Ribeira, Cee e Lemos

O vindeiro mércores, día 22, a partir das 11.00 horas terá lugar no Conservatorio de Ribeira unha asemblea conxunta, convocada por UGT e CCOO, na que intervirán os secretarios xerais de ambas organizacións en Galicia, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez, respectivamente.
En Cee a asemblea terá lugar o xoves 23 a partir das 19.30 horas e está prevista a asistencia do secretario de Formación e Emprego de UGT-Galicia, José Domingo Barros. Ese mesmo día ás 19.00 horas Lemos acollerá outra asemblea na que intervirá o secretario de Acción Sindical de UGT-Galicia, Eladio Romero.

UGT, CCOO e EU ven que o éxito da folga fará rectificar ao Goberno

UGT, CCOO e EU cosideran que o éxito da folga xeral do 29 de setembro fará rectificar ao Goberno central. Ademais, a coordinadora de EU, Yolanda Díaz, anunciou que a súa formación política "será parte dos piquetes de folga xunto cos sindicatos".
Os representantes das executivas das tres organizacións reuníronse este luns para analizar as principais claves da reforma laboral e o impacto negativo que terá sobre o mercado e as condicións de traballo.
O secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, insistiu en que dicir non á reforma laboral é dicir si a un futuro mellor para os traballadores.

lunes, 20 de septiembre de 2010

Máis de 1.500 delegados ateigaron o Pazo de Congresos de Santiago

A visita o día 16 a Galicia dos secretarios xerais de UGT e CCOO, Cándido Méndez e Ignacio Fernández Toxo, respectivamente, estivo marcada polo entusiasmo dos delegados de ambos sindicatos en Galicia que están convencidos que o día 29 obrigará a un cambio de rumbo das políticas do Goberno poque, de continuar pola senda iniciada en maio, España pasará a ocupar o furgón de cola dos países comunitarios e terá moitas dificultades para a recuperación económica.
Na asemblea celebrada no Pazo de Congresos de Santiago, tanto os que interviñeron com os máis de 1.500 delegados alí presentes, insistiron en que o día 29 de setembro hai que parar o país por un futuro mellor.

As mentiras da crise, séptima parte

As mentiras da crise, sexta parte

jueves, 16 de septiembre de 2010

Cándido Méndez participa nunha asemblea de traballadores en Jealsa (Boiro)

Dentro dos actos preparatorios da folga do día 29 de setembro, ao longo da mañá de hoxe Cándido Méndez e José Antonio Gómez, xunto cos seus homólogos de CCOO, visitaron as instalacións de Jealsa e participaron nuha asemblea cos traballadores desta conserveira na que lle explicaron por que hai que para este país o día 29 e amosaron a súa confianza en que esta folga vai servir para mudar o rumbo dos acontecementos.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

José Antonio Gómez participa hoxe no Círculo de Artesanos de A Coruña nun econtro co Colectivo Namentras

O secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, xunto co seu homólo de CCOO, participan hoxe no Círculo de Artesanos de A Coruña nun encontro organizado polo Colectivo Namentras para explicar por que a cidadanía debe participar na folga xeral do 29 de setembro co fin de protestar polas medidas lesivas que está a adoptar o Goberno contra os traballadores.

As mentiras da crise, quinta parte

viernes, 10 de septiembre de 2010

José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez rexistran na Xunta a convocatoria de folga xeral

Os secretarios xerais de UGT-Galicia e o S.N. de CCOO de Galicia entregaron hoxe no rexistro central da Xunta a convocatoria de folga xeral para o vindeiro día 29 de setembro, como xa fixeran os seus homólogos confederais en Madrid, ante o Ministerio de Traballo, o pasado día 7.

As mentiras da crise, terceira parte

lunes, 6 de septiembre de 2010

Gran asemblea de delegados de toda Galicia o día 16 en Santiago

O vindeiro días 16 de setembro a partir das 17.45 horas o Pazo de Congreso de Santiago acollerá unha asemblea de delegados e cadros procedentes de toda Galicia e convocados conxuntamente por UGT e CCOO.
Neste acto, xa dentro da recta final de cara á folga xeral do 29 de setembro, intervirán os secretarios xerais de UGT e CCOO, Cándido Méndez e Ignacio Fernández Toxo, respectivamente, así como, os máximos responsables de ambos sindicatos en Galicia, José Antonio Gómez (UGT) e Xosé Manuel Sánchez (CCOO).

O 9 de setembro asemblea en Madrid con delegados e cadros de toda España

O vindeiro día 9 de setembro está convocada no Pazo de Vistalegre en Madrid unha asemblea de cadros e delegados procedentes de toda España dentro do calendario de actos previos á folga do 29 de setembro. Neste acto, ao que acudirá unha ampla delegación de UGT a nivel de todas as comarcas galegas, están previstas as intervencións de Cándido Méndez e Ignacio Fernández Toxo, así como, do secretario xeral da CES, John Monks.

Asembleas en Ourense e Pontevedra

Mañá, día 7 de setembro, están previstas sendas asembleas de cadros e delegados nas cidades de Ourense e Pontevedra como actos preparatorios da folga xeral do vindeiro día 29 de setembro.
Concretamente, en Pontevedra, a asemblea terá lugar ás 11.00 horas na Fundación Caixa Galicia. Neste acto, convocado por UGT, intervirán o secretario de Organización confederal de UGT, José Javier Cubillo; o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez; e o secretario xeral de UGT-Pontevedra, Juan Ramón Vidal.
A asemblea de Ourense comezará ás 19.30 horas no salón de actos da Casa Sindical. Neste acto, convocado conxuntamente por UGT e CCOO, intervirán o secretario de Organización confederal de UGT, José Javier Cubillo; o secretario de Política Sectorial confederal de CCOO, Javier Jiménez; os secretarios xerais de UGT-Galicia e do S.N. de CCOO de Galicia, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez, respectivamente; e os máximos responsables de UGT e CCOO en Ourense, José Luís Fernández Celis e Ana Isabel Barrios, respectivamente.

viernes, 3 de septiembre de 2010

Asemblea de delegados o día 6 en Lugo

O vindeiro luns, día 6 de setembro, a partir das 19.30 horas o salón de actos do edificio sindical de Lugo, emprazado en Ronda da Muralla, número 58 (Lugo), acollerá unha asemblea de delegados e cadros como acto preparatorio de cara á folga xeral do vindeiro 29 de setembro.
Nesta asemblea intervirán o secretario de Organización confederal de UGT, Jósé Javier Cubillo, e o secretario de Política Sectorial de CCOO, Francisco Javier Jiménez. Tamén participarán os secretarios xerais de UGT e CCOO en Galicia, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez, respectivamente, e os máximos responsables de ambos sindicatos en Lugo, Manuel Enrique Chaín (UGT) e Jesús Castro (CCOO).