martes, 31 de agosto de 2010

Cándido Méndez e Ignacio Fernández Toxo formalizan, o martes, 7 de setembro, a convocatoria de Folga Xeral do 29-S no Ministerio de Traballo

A convocatoria de Folga Xeral do 29 de setembro terá lugar nos vindeiros días. Mañá, 31 de agosto, os secretarios de Organización de UGT e CCOO, José Javier Cubillo e Antonio del Campo, respectivamente, presentarán a documentación da convocatoria de Folga Xeral no SIMA.

Asemblea de delegados o día 3 en Ferrol na que intervirá Toni Ferrer

No contexto dos actos que se están a realizar de cara á folga xeral do vindeiro 29 de setembro, está prevista unha asemblea de delegados en Ferrol (centro cultural Carballo Calero) ás 12.00 horas do día 3 de setembro na que participarán o secretario de Acción Sindical de UGT, Toni Ferrer, xunto co seu homólogo de CCOO.

viernes, 27 de agosto de 2010

A Reforma Laboral do Goberno da resposta aos grupos máis conservadores e amplía o poder empresarial en detrimento dos dereitos dos traballadores

Para UGT, o texto final do proxecto de lei de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo, que debateu esta semana a Comisión de Traballo e Inmigración do Senado, é produto das negociacións do Goberno cos grupos máis conservadores da cámara, recorta os dereitos dos traballadores, facilitando, abaratando e axilizando os despedimentos, e amplía o poder empresarial. Os sindicatos consideran que o texto deste proxecto de lei significa o maio ataque aos dereitos laborais noa últimos 30 anos e constata submisión do Goberno aos poderes económicos. Este atropelo social fai máis necesaria se cabe a Folga Xeral convocada para o vindeiro 29 de setembro, cuxo principal obxectivo debe ser parar esta reforma.

miércoles, 25 de agosto de 2010

Motivos para a folga -quinta parte

Reforma laboral Senado

"O trámite parlamentario é un proceso que dá maís razóns á Folga Xeral do próximo 29 de setembro"
Os sindicatos instan aos grupos parlamentarios a reflexionar e conducir a Reforma Laboral ás canles do diálogo e a negociación

24 de agosto de 2010
"O trámite parlamentario do proxecto de lei de Reforma Laboral é un proceso que dá máis razóns á Folga Xeral do próximo 29 de setembro porque o que vai facer é empeorar o recorte de dereitos, por iso, instamos ao conxunto dos grupos parlamentarios a que reflexionen e reconduzan a situación para que volva ás canles do diálogo e a negociación".