miércoles, 25 de agosto de 2010

Reforma laboral Senado

"O trámite parlamentario é un proceso que dá maís razóns á Folga Xeral do próximo 29 de setembro"
Os sindicatos instan aos grupos parlamentarios a reflexionar e conducir a Reforma Laboral ás canles do diálogo e a negociación

24 de agosto de 2010
"O trámite parlamentario do proxecto de lei de Reforma Laboral é un proceso que dá máis razóns á Folga Xeral do próximo 29 de setembro porque o que vai facer é empeorar o recorte de dereitos, por iso, instamos ao conxunto dos grupos parlamentarios a que reflexionen e reconduzan a situación para que volva ás canles do diálogo e a negociación".
O secretario de Acción Sindical de UGT, Toni Ferrer, realizou estas declaracións esta mañá durante unha conferencia de prensa na que el e o seu homólo de CCOO, Ramón Górriz, analizaron o proceso parlamentario sobre a Reforma Laboral, que actualmente se atopa en trámite de emendas en sede do Senado.
Toni Ferrer subliñou que o conxunto das emendas que se presentaron "son practicamente unha reprodución das emendas que os distintos grupos parlamentarios presentaron no proceso do Congreso dos Deputados e que profundan na liña de endurecer os recortes dos dereitos dos traballadores, fóra dos votos de rexeitamento á totalidade presentados polos grupos da esquerda parlamentaria".
O secretario de Acción Sindical de UGT manifestou que os grupos da dereita estatal e autonómica "persisten nos seus ataques aos dereitos da negociación colectiva e de liberdade sindical" e recordou que "o PP volveu a reproducir emendas coas que pretende que un convenio colectivo non teña a forza vinculante durante a súa vixencia abrindo a vía de romper a eficacia do convenio; o PNV intenta romper coa liberdade sindical, atentando contra o dereito que teñen as organizacións sindicais representativas a participar en todos os niveis de negociación e CIU insiste en que se expoña a vía de determinar as causas de extinciión no ámbito da empresa, o que rompería os principios de igualdade de trato e de oportunidades e deixaría a mercé da correlación de forzas, neste caso as do empresario, o fixar as causas nese terreo". "O PSOE reproduce as mesmas emendas", engadiu, deixando ver "o afán privatizador do sistema público de xestión do desemprego dando máis iniciativas ás axencias privadas con ánimo de lucro e a preferencia polas políticas de sancións e infracións, fronte ás políticas activas orientadas á reinserción das persoas desempregadas".
Ferrer resaltou que tanto UGT como CCOO "rexeitamos as propostas do Goberno enfocadas ás sancións e infraccións ás persoas desempregadas e esiximos a necesidade de aumentar o investimento en políticas de orientación e de formación no noso país". "Estamos asistindo a un debate falso e interesado no que parece que os desempregados non queren aceptar as ofertas que lles fan os Servizos Públicos de Emprego", uns servizos cuxa capacidade de intermediación é escasa, non alcanza o 3 por cento, e no que as ofertas de orientación e formación practicamente non existen.