martes, 31 de agosto de 2010

Cándido Méndez e Ignacio Fernández Toxo formalizan, o martes, 7 de setembro, a convocatoria de Folga Xeral do 29-S no Ministerio de Traballo

A convocatoria de Folga Xeral do 29 de setembro terá lugar nos vindeiros días. Mañá, 31 de agosto, os secretarios de Organización de UGT e CCOO, José Javier Cubillo e Antonio del Campo, respectivamente, presentarán a documentación da convocatoria de Folga Xeral no SIMA.


Este proceso forma parte dos compromisos adquiridos polas organizacións sindicais e empresariais no Acordo para a Solución Extraxudicial de Conflitos (inclúense entre os conflitos afectados os que dan lugar á convocatoria dunha folga en todo o territorio do Estado).
Tres días despois desta presentación, o venres 3 de setembro, pola mañá, está previsto que se celebre o acto de conciliación, un paso previo e formal, antes de que os secretarios xerais de UGT e CCOO, Cándido Méndez e Ignacio Fernández Toxo, respectivamente, presenten o día 7, ante o ministerio de Traballo e Inmigración, a convocatoria da Folga Xeral do 29 de setembro. O rexistro da folga xeral cumpre así os requisitos necesarios para a súa convocatoria.
A partir deste día, os distintos comités de folga presentarán nas consellerías de Traballo das súas comunidades autónomas, así como, nas empresas onde sexa necesario, copia da convocatoria de folga xeral.