martes, 29 de junio de 2010

15 de xuño de 2010.- Convocatoria da Folga Xeral

UGT e CCOO chaman á cidadanía galega a participar na manifestación do día 30 en Santiago contra a reforma laboral e os recortes sociais


A manifestación, que abre o camiño a asambleas nos centros de traballo e outras mobilizacións de cara á folga do 29 de setembro, sairá ás 20.00 horas da Alameda compostelana

 

Santiago, 28 de xuño de 2010. Os secretarios xerais de UGT-Galicia e o S.N. de CCOO de Galicia, José Antonio Gómez e José Manuel Sánchéz, respectivamente, presentaron hoxe ante os medios de comunicación en Santiago a manifestación que terá lugar o vindeiro mércores, día 30, na cidade compostelana e que sairá ás 20.00 horas da Alameda para rematar na Praza de Praterías.

Tribuna La Voz de Galicia: José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez Secretarios xerais de UGT-Galicia e do S.N. de CC.OO. de Galicia

Mobilizacións por unha saída xusta e equilibrada da crise


       O noso país xa pasou a formar parte do club dos elixidos en Europa, subindo ao carro da implacable ofensiva neoliberal para debilitar os Estados, a democracia, desregularizar o mercado de traballo e estreitar o modelo de Estado de benestar. O Goberno dobregouse definitivamente ás presións da gran patronal, dos especuladores e dos mercados financeiros que, casualmente, son os que maior responsabilidade teñen nesta crise pero os que menos están pagando por iso. Contrariamente, son os traballadores, con recortes sociais, salariais e mingua dos seus dereitos, quen a están a pagar.

sábado, 26 de junio de 2010

Café de Redacción La Voz de Galicia

Luís Villamor
Redacción/la voz.


La reforma laboral se queda sin novios en Galicia. En un Café de Redacción celebrado en La Voz de Galicia, ni la patronal, ni los sindicatos, ni los autónomos ni el decano de los economistas ven en las medidas del Gobierno un punto de inflexión para rebajar las cifras del paro, 4.600.000 personas en toda España; 230.000 en Galicia.

jueves, 24 de junio de 2010

A reforma e a individualización das relacións de traballo

A reforma laboral inclúe que os empresarios sexan capaces de descolgarse do convenio colectivo e non aplicalo nalgúns casos. Esto supón un retroceso cara a individualización das relacións de traballo. Por que os sindicatos non queremos esa individualización? Un exemplo ilustrativo:

Así, Non 29 Setembro, Folga Xeral. Manifesto


As confederacións sindicais da Unión Xeral de Traballadores e de Comisións Obreiras adoptamos a decisión de iniciar un proceso de mobilizacións, que culminará coa celebración dunha Folga Xeral o próximo 29 de setembro, para expresar o contundente rexeitamento dos traballadores e traballadoras deste país ás políticas de recortes sociais e supresión de dereitos dos traballadores decretadas polo Goberno, baixo amparo e escusa de directrices europeas.

sábado, 19 de junio de 2010

Artigo de Xosé Antonio Gómez en Xornal de Galicia: Os traballadores, espidos ante unha reforma lesiva e estéril

O Goberno doblegouse definitivamente ás presións da gran patronal, dos especuladores e dos mercados financeiros, que por certo, por se alguén se olvidou, son os que maior responsabilidade teñen nesta crise. Os traballadores van ver como a súa situación contractual empeorará e o acceso a un novo traballo, tanto para os que xa están no mercado laboral como para os que accedan a el por primeira vez, será en condicións máis precarias.

miércoles, 16 de junio de 2010

O II Comité nacional de UGT-Galicia respalda a convocatoria de folga xeral para o 29 de setembro

O II Comité nacional de UGT-Galicia, reunido hoxe en Santiago, deu un respaldo unánime á convocatoria de folga xeral que terá lugar o vindeiro 29 de setembro en todo o Estado para denunciar as medidas adoptadas polo Goberno central, unhas iniciativas políticas erróneas, inxustas e estériles que van debilitar o crecemento económico, o cambio de modelo produtivo, a calidade dos servizos públicos e do estado de benestar e, ademais, van frear a creación de emprego de calidade e con dereitos.