martes, 23 de noviembre de 2010

UGT organiza en toda Galicia actos previos ás mobilizacións do 15 e 18 de decembro

Porque a mobilización contínúa para recuperar os dereitos e defender o estado social, UGT está a organizar en todo o Estado actos previos á Xornada de mobilización en Europa, o día 15 de decembro, e as manifestacións do 18 de decembro.

martes, 9 de noviembre de 2010

O conflito social segue aberto

A orientación da política do Goberno é equivocada e, polo tanto, por moi ben que se explique, non vai poder dar a volta ao rexeitamento xeneralizado que existe na poboación española en relación coa reforma laboral e coa pretensión do Goberno de impoñer o atraso obrigatorio na idade de xubilación.

110.000 persoas puxéronlle a guinda a unha xornada de folga seguida por máis do 80 por cento dos traballadores de Galicia

110.000 persoas manifestáronse hoxe con UGT e CCOO en diferentes manifestacións e concentracións olas principais vilas e cidades de Galicia. Para as organizacións sindicais, trátase do colofón a un "día histórico", pois a folga xeral que convocaron as dúas organizacións acadou un seguimento do 82,15 por cento.

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Os datos das seis da mañá mostran o apoio masivo á folga xeral, secundada polo 80% das traballadoras e traballadores

Os datos de seguimento da folga xeral actualizados ás seis da mañá sinalan o éxito da folga xeral. A convocatoria, realizada por Comisións Obreiras e UGT, foi seguida en Galicia polo 80% das traballadoras e traballadores. Os datos de participación poñen de relevo o rexeitamento do conxunto dos traballadores e traballadoras de Galicia coa reforma laboral e coas políticas de axuste impulsadas polo Goberno español.A quenda de noite transcorreu con normalidade e sen incidentes destacables. A folga rondou sempre o 80% nas principais vilas e cidades, así como, nas grandes empresas, co que se superan os resultados de participación da folga de 2002.

UGT-Galicia chama á cidadanía galega a secundar a folga do 29 de setembro e participar nas manifestacións e concentracións porque "Así, non ¡rectificación xa!"

Hoxe, día 29 de setembro, todas as traballadoras e traballadores deste país están convocados por UGT e CCOO para secundar unha folga xeral por un futuro mellor e para conseguir un xiro democrático das políticas do Goberno.

UGT-Galicia amosa o seu malestar ante a decisión do TSXG e considera que desestimar a suspensión cautelar dos servizos mínimos vai supor limitar o dereito á folga de moitos traballadores galegos

UGT-Galicia amosa o seu malestar ante a decisión que ven de adoptar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de desestimar a solicitude de suspensión cautelar dos servizos mínimos en educación e CRTVG. Para o Sindicato, isto vai supor limitar o dereito á folga de moitos traballadores galegos destes sectores.