miércoles, 29 de septiembre de 2010

UGT-Galicia chama á cidadanía galega a secundar a folga do 29 de setembro e participar nas manifestacións e concentracións porque "Así, non ¡rectificación xa!"

Hoxe, día 29 de setembro, todas as traballadoras e traballadores deste país están convocados por UGT e CCOO para secundar unha folga xeral por un futuro mellor e para conseguir un xiro democrático das políticas do Goberno.

UGT amosa o seu convencimento de que despois do día 29 o Goberno terá que rectificar os seus propósitos e recoñecer que cometeu un erro coa reforma laboral, coas políticas de axuste anteriores adoptadas a partir do mes de maio e cos propósitos que ten en relación coas pensións e outros posibles recortes no eido social e no contexto dos vindeiros Orzamentos do Estado.
Esta é unha reforma oportuna, necesaria e convinte. A sociedade debe saber que o camiño emprendido polo Goberno na loita contra a crise económica pode alterar dun xeito moi serio os pilares da cohesión social neste país. Os gobernos europeos, incluído o español, rendíronse aos mercados financeiros e UGT considera que é politicamente indecente pretender facer pagar aos traballadores unha parte substancial dos costes da crise económica.